Política de calidade e medio ambiente
LIMPIEZAS GALIVIGO, empresa dedicada á limpeza de todo tipo de instalacións: empresas, comunidades, clínicas, colexios, estaleiros, tanatorios, administracións de fincas e sinistros de seguros.
No noso afán por acadar unha maior calidade nos nosos servizos, así como unha maior orientación cara ao coidado do medio ambiente que nos rodea, establecemos as seguintes máximas a cumprir dentro da nosa empresa:
- Asegurar a satisfacción dos nosos clientes baseándonos nun trato sempre correcto e nun esforzo adicional na realización dos nosos servizos.
- Cumprir con todos os requisitos impostos polos nosos clientes, así como con todos aqueles de carácter legal e outros requisitos tanto no ámbito da calidade como os relacionados cos aspectos ambientais da organización.
- Comprometernos a mellorar de forma continua a calidade dos nosos servizos, así como a nosa actitude fronte aos impactos ambientais que xera a nosa actividade.
- Previr a contaminación que poida xerar LIMPIEZAS GALIVIGO para manter unha relación mutuamente beneficiosa co medio que nos rodea e cos nosos veciños lindeiros.
- Crer nun futuro mellor da nosa empresa, no que o cliente se sinta sempre satisfeito cos nosos servizos e co noso comportamento ambiental nos traballos que realizamos nas súas instalacións.
- Acadar unha elevada competitividade no noso mercado baseada na confianza e fidelización dos nosos clientes.
- Minimizar a nosa xeración de residuos e o consumo de recursos, así como proporcionar formación e medios aos nosos empregados para que colaboren activamente nesta causa.
Data: 27 de xullo de 2021
Xerencia